Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Melloras no pavillón do CEIP Porto Cabeiro

Pavillón de Deportes de Porto-Cabeiro (4)

A Concellería de Deportes acaba de investir 39.304 euros do Plan Concellos na recuperación e mellora da pista e das bancadas do Pavillón Municipal do colexio Porto Cabeiro. A instalación, de titularidade municipal, é utilizada fóra do horario lectivo por diferentes clubs deportivos da parroquia. Para a recuperación da pista do pavillón utilizouse un novidoso material, o Game-Fix Skating, revestimento que polas súas características é utilizado para a práctica da patinaxe. Desde o Concello explican que este material “sofre un menor desgaste coa práctica de calquera actividade deportiva, e está especialmente recomendado para a súa utilización en instalacións deportivas públicas ou de centros de ensino”. Amais da súa resistencia, este piso ofrece unha superficie continua e sen xuntas “polo que á hora da práctica deportiva redúcese o risco de lesións”, sinala o concelleiro de Deportes, Nacho González. O edil sinala a importancia non só de arranxar o piso dun pavillón que presentaba bastantes deficiencias, “senón de facelo con materiais que contribúan a garantir a seguridade de todas as persoas usuarias”. En canto ás bancadas instaláronse 300 asentos de material plástico “que mellora a comodidade do público asistente aos eventos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará