Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco queda fóra na prórroga

ChocoCoruxo

Copa Federación

Choco 1-2 Coruxo

O Coruxo eliminou ao equipo redondelán nos últimos compases da prórroga, logo de rematar o tempo regulamentario con empate a 1 gol. En Santa Mariña xogábase o sábado o primeiro partido oficial do curso, pertencente á primeira rolda da fase autonómica da Copa Federación. O equipo de Juan Amoedo aguantou ata os últimos minutos, pero finalmente os vigueses levaron a eliminatoria. O gol que lles deu a vitoria chegou no minuto 119, obra de Miguel Garci. Foi no regreso de Gonza Fernández a Redondela, xa que o ex adestrador do Choco e agora técnico do Coruxo de Segunda Federación. O partido comezou con dominio do equipo vigués, pero con dificultades para crear ocasións pola boa defensa do CD Choco. A medida que pasaban os minutos o partido medraba en intensidade e cada vez era máis disputado. Os xogadores choqueiros empezaban a crear ocasións de gol como a que tivo Álex Pérez a pase de Antón e que parou Allberto. Corría o minuto 42. Sen moito tempo para máis se chegaría ao final da primeira parte co marcador a cero. Tras o paso por vestiarios, a tónica da primeira parte parecía repetirse nos primeiros compases da segunda. Un Coruxo dominante non era capaz de penetrar con solvencia na área choqueira. No 52, de novo Álex Pérez cun tiro cruzado que se vai fóra por moi pouco, poría o susto no corpo aos visitantes. Pero 4 minutos despois, un ex do Choco, Martín Rafael inauguraba o marcador para o Coruxo. O equipo redondelán reaccionou e Félix empatou para levar o partido ao tempo suplementario. E case ao final, cando xa se pensaba na lotería dos penaltis, chegou o tanto de Miguel Garci que resolveu a favor dos vigueses.

No resto de eliminatorios o Alondras superou a un equipo de superior categoría como o Pontevedra. Como o Coruxo, necesitou da prórroga e dun pouco máis. O equipo cangués bateu ao granate na quenda de penaltis tras o 0-0 ao acabar os 120 minutos.

Doutra banda, o Celta B perdeu no campo do Arenteiro. O recentemente ascendido a Segunda Federación superou con contundencia (3-0) ao conxunto de Onésimo, que xogará este ano en Primeira RFEF.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará