Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samertolaméu faise coa VI Bandeira CCD Cesantes-Concello de Redondela

BandeiraMeira

VI Bandeira CCD Cesantes-Concello de Redondela
A proba correspondente á LGT-A disputada onte en augas de Cesantes estivo dominada polo barco da SD.Samertolaméu-Oversea. Foi unha xornada accidentada a de onte, con problemas no campo de regatas, o que obrigou a facer a proba contrarreloxo. Samertolaméu, alternando parciais con Bueu e Mera, foi o dominador da proba con 7 segundos de marxe sobre Bueu-Teccarsa, segundo. Logo na xeral apuntouse Mera terceiro, vencedor na segunda serie, seguido de Poboa, cuarto. Os de Meira amplían así a súa vantaxe na xeral da LGT-A. Cesantes-Rodavigo, que rematou na novena posición, ocupa tamén a novena praza na xeral con 45 puntos, en postos de permanencia a falta de catro xornadas.
Liga A: 1.Samertolaméu-Oversea, 20.05:40; Bueu-Teccarsa, 20.12:99; 3.Mera, 20.20:59; 4.- Poboa, 20.24:21; 5.Mecos, 20.26:31; 6.Rianxo, 20.33:31; 7.- Cabo Cruz, 20.34:71; 8.Vilaxoán, 20.42:81; 9.Cesantes-Rodavigo, 20.55:20; 10.- Esteirana, 21.00:61; 11.Muros, 21.15:61; 12.Salgado-Perillo, 21.28:87.
V Bandeira Concello de Cedeira
Na LGT-B a cita deste sábado foi en Cedeira, onde Mugardos segue a dominar a categoría. Ao igual que en Cesantes, houbo problemas no campo de regatas ao saír unha boia da ancoraxe por mor do temporal da noite anterior. A proba celebrouse tamén por sistema de persecución e contrarreloxo. A bandeira foi para Mugardos con 29 segundos de vantaxe sobre Cedeira, os anfitrións, con Samertolaméu-Oversea-B en terceira posición seguido de Vila de Cangas. O C.R. Chapela foi 7º.
Liga B: 1. Mugardos, 21.51:13; 2.- Cedeira, 22.20:62; 3.Samertolaméu-Oversea B, 22.33:18; 4.Vila Cangas, 22.35:58; 5.Virxe Guía, 22.58:62; 6.Castropol, 23.12:43; 7.Chapela, 23.21:91; 8.Poboa-B, 23.50:62; 9.Cabana-Ferrol, 26.44:86

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará