Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, teatro e circo na fin de semana de Soutomaior

ghop1

Actividades para todos os públicos esta fin de semana en Soutomaior, onde hoxe venres é festivo local. Esta noite, a partir das 22.00 a Alameda de Talo Río acolle a actuación do grupo Tincho Café, dentro da programación “Soutonight”. O dúo formado por Nuria González e Tincho Fernán ofrecerán versións da música pop e rock en español de todos os tempos.

Mañá sábado o espectáculo está reservado para o público infantil e familiar. Será no Campo de San Benito, en Romariz, ás 21.00 horas, co grupo de Teatro O Cubo. Presentan a súa obra “Ghop!”, un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor que nos lembra ao circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas de vilas e aldeas. Malabares, monicreques, acrobacias e maxia forman parte deste show de variedades.

A programación desta fin de semana remata o domingo, día 8, cun concerto da Banda de Música Artística de Arcade. Co gallo do seu 153 aniversario farán un percorrido musical con pasodobres de hoxe e de sempre. Será ás 13.00 horas na Alameda de Talo Río.

Todas as actividades son de balde con aforo limitado e protocolo Covid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará