Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior recuperará os muíños do Daión

MuiñosDaion

O pleno do Concello de Soutomaior aprobou por unanimidade a iniciativa do BNG para a restauración e posta en valor da contorna do conxunto etnográfico dos muíños do Daión, en Arcade. O portavoz municipal, Manu Lourenzo, destacou que a formación nacionalista leva máis de dez anos reclamando “que se dean os pasos necesarios para poñer en valor este espazo” e solicitan que o Concello restaure toda a contorna do Daión “mentres non se poida actuar sobre os muíños”. O grupo popular apoiou a proposta. O alcalde, Agustín Reguera, sinalou que esta demanda “está en liña co proceso que o goberno local iniciou hai varios anos para conseguir a titularidade dos muíños, necesaria para poder restauralos, e que aínda se atopa en trámite”. O río Daión é o último afluente do Verdugo antes da súa desembocadura. En pouco máis de 400 metros, o conxunto etnográfico do Daión conta con oito muíños de moa tradicionais que na actualidade atópanse en ruínas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará