Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballos de catalogación patrimonial no Campo de Voluntariado de San Simón

CampoVoluntariadoSanSimon

Unha ducia de mozos participan no Campo do Voluntariado que a Xunta de Galicia organiza na Illa de San Simón. Nesta proposta de ocio e formación os rapaces realizarán ata o vindeiro 13 de agosto labores de catalogación e conservación dos elementos patrimoniais e de apoio ás actividades culturais. A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fíxolles hoxe unha visita na que lembrou que a Illa de San Simón “está intimamente vencellada a algunhas das traxedias e avatares marítimos máis relevantes da historia de Galicia e que hoxe representa un enclave único de gran valor cultural e patrimonial” Os participantes están a gozar dun amplo programa de actividades que inclúe visitas interpretativas e teatralizadas polas illas de San Simón e San Antón, mostrando o seu pasado e presente, así como a súa biodiversidade e conxuntos artísticos; labores de catalogación e conservación das instalacións e dos elementos patrimoniais; e de apoio ás actividades culturais.

Asemade, os mozos e mozas terán oportunidade de gozar doutras actividades complementarias iniciándose nos deportes náuticos tradicionais (traiñeiras e bateis), no baile tradicional galego e coñecendo os usos, costumes e artes tradicionais de pesca da zona, entre outras propostas.

Estes campos de voluntariado, tal e como sinalou Fernández-Tapias, están orientados a mozos e mozas entre 18 e 30 anos de idade nunha proposta de ocio que aposta pola conciliación familiar e laboral, a formación biosaudable dos mozos e a seguridade sanitaria. Neste sentido, recordou que, por mor da covid-19, reducíronse os aforos das actividades, reforzouse o persoal e incrementáronse as medidas hixiénico-sanitarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará