Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CCD Cesantes-Rodavigo prepara a Bandeira de Redondela coa permanencia encarrilada

RemoCesantes_n

Estreábanse esta temporada na Liga Galega de Traiñeiras A, e malia a esixencia da categoría e as dificultades por mor da Covid, están a piques de certificar a permanencia. O obxectivo do club sempre foi poder consolidarse na máxima categoría do remo galega “e seguir crecendo”. O adestrador, Felipe Silva, amósase satisfeito co rendemento da traíña. Actualmente ocupan o 8º posto da xeral. Esta temporada está a ser moi esixente, con Samertolameu e Bueu a un gran nivel, e co resto de embarcacións “moi igualadas” entre o 3º e o 9º posto.

Felipe Silva, adestrador do CCD Cesantes-Rodavigo

A traíña de Redondela comezou a competición con boas sensacións, estreando embarcacións, pero a metade de liga un positivo por Covid obrigou a confinarse a toda a tripulación. O virus impediulles competir nas probas disputadas en Mera e no Grove, e a pasada fin de semana retomaron a competición en Bueu e Vilaxoán con tan só unha xornada de adestramento conxunto.

O confinamento por un positivo en Covid complicoulle a temporada ao barco de Cesantes

Este fin de semana a traíña a Illa de San Simón boga na casa, no seu campo de regatas, unha cita na que teñen postas “moitas ilusións”, apunta Silva. Confían en facer “un bo papel” ante o seu público e seguir sumando os puntos que lle garantan a permanencia directa na LGT-A.

Este sábado compiten na casa na VI Bandeira CCD Cesantes Concello de Redondela

A cita coa VI Bandeira CCD Cesantes Concello de Redondela será este sábado, día 7, ás 17.00 horas no Peirao de Cesantes. Agardan contar co apoio do público, seguindo todas as recomendacións sanitarias e os protocolos Covid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará