Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga FS abre a inscrición para nenos con promocións en agosto

FSarealongaInscrición

Comeza unha nova tempada de fútbol sala e o Arealonga FS Chapela abre as súas inscricións para todos os nenos e nenas que queiran practicar este deporte. Para formalizar a inscrición, os interesados poderán facelo no Pavillón Municipal “Manuel González Soto” de Chapela os martes e os venres, en horario de 17:00 a 19:00 horas. O Arealonga FS, formará esta tempada as categorías masculinas e femininas de biberón (2016/2017), prebenxamín (2014/2015), benxamín (2012/2013), alevín (2010/2011), infantil (2008/2009), cadete (2006/2007), xuvenil (2003/2004/2005) e sénior.

Este ano o club ofrece dúas promocións para os que se inscriban neste mes de agosto: os nenos da categoría biberón mes poderán facer a actividade de balde durante todo o ano, e o resto das categorías recibirán como agasallo o lote de adestramento do club. Para máis información poden contactar por teléfono ou whatsapp no número 662111339.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará