Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Non máis peaxes, non máis enganos”

ManiRotonda

Os veciños rexeitan as bonificacións que onte entraron en vigor na autoestrada e esixen a retirada das barreiras da AP-9 en Rande. “Isto non é a eliminación da peaxe que nos prometeron”, denuncian.

De “fraude”, “burla” ou “tomadura de pelo” cualifican os veciños o desconto aplicado desde onte na AP9 no tramo Redondela-Vigo. Ao berro de “Non máis peaxes, non máis enganos”, un cento de veciños de Redondela e Teis concentráronse na rotonda de Cabanas, no acceso da autoestrada. Levan anos esixindo a supresión da peaxe neste tramo, e non se conforman coas novas bonificacións que onte entraron en vigor. Lembran que tanto o anterior goberno central do PP, como o actual se comprometeran á eliminación da peaxe. Pero a comprometida gratuidade da autoestrada en Redondela “non é real”, denuncian os veciños. A bonificación do 100 % do custo só se aplica aos usuarios que dispoñen de telepeaxe e que realicen o traxecto de ida e volta en 24 horas. Veciños de Chapela como Paz e Martín denuncian que “non é xusto”, porque discrimina a algúns usuarios da autoestrada, e onte manifestáronse “para que se retiren as cabinas e sexa gratuíto de verdade”.

Paz e Martín, veciños de Chapela, participaron onte na concentración de protesta

Para veciños como Manuel a decisión do Ministerio de Transportes é “un fraude”, e advirte que o malestar e o enfado entre a cidadanía é xeral.

Os veciños cualifican de “fraude” a bonificación que se aplica desde onte na AP-9

A concentración, convocada polas asociacións veciñais de Chapela e Teis, esixiu a eliminación “real” da peaxe, xa que a bonificación que entrou en vigor “non é o que prometeron, e poden sacala cando queiran” sinala o presidente do colectivo de Chapela, Marcial Pérez.

Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela

O acto de protesta, celebrado na tarde de onte, contou co apoio do BNG e o PP, coa participación de varios dos seus representantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará