Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iria Vilaboa asumirá a concellería de Servizos Sociais

IRIAVilaboa

A nova concelleira do grupo socialista, Iria Vilaboa, tomou onte posesión da súa acta. Foi no pleno ordinario do mes de xullo, celebrado onte no auditorio da Xunqueira. Vilaboa Álvarez, veciña de Vilar, ocupaba o posto número 9 da lista electoral do PsdeG-PSOE. Accede á acta tras a dimisión de Marta Alonso, ex concelleira de Interior. Vilaboa prometía o seu cargo e recibía a benvida por parte da alcaldesa, Digna Rivas, e o resto de membros da corporación.

Iria Vilaboa prometeu o seu cargo no pleno celebrado onte no auditorio da Xunqueira

Vilaboa será responsable das áreas de Servizos Sociais e Igualdade, que ata o de agora eran competencia da alcaldesa, Digna Rivas.

Proxecto urbanístico en Chapela

Na sesión plenaria celebrada onte tamén se aprobou o estudo de detalle para unha actuación urbanística en Arealonga. A aprobación definitiva contou cos votos de PSOE, AER e PP, mentres o BNG votou en contra. Trátase dun bloque de vivendas que se proxecta nun solar de 1.400 metros cadrados. O edil nacionalista, Xoán Carlos González, xustificou a súa negativa en que a edificación terá un “impacto negativo” na zona con máis vehículos en circulación nun vial “moi estreito” como é o camiño da Grila. O resto de grupos explicaron que o estudo de detalle debía aprobarse “ao contar con todos os informes técnicos favorables”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará