Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Toldos e melloras no mobiliario urbano das praias

TOLDOS PASEO DE CESANTES

A Concellaría de Medio Ambiente conclúe unha vintena de melloras na contorna dos areais de Redondela. O paseo de Cesantes estrea papeleiras, pintado de farois e novos toldos nos bancos e no acceso aos baños. O concelleiro de departamento, Roberto Villar, explica que estas obras acometéronse “grazas ao aforro acadado co plan de recollida manual de algas, que permitiu dispor dun orzamento de entre 15.000 e 20.000 euros para facer estas melloras”. No paseo da praia de Cesantes instaláronse toldos en varios bancos e nas entradas aos baños, están a pintarse os 125 farois e tamén se substituirán todas as papeleiras. Tamén en Cesantes elimináronse os carteis informativos de marisqueo que estaban soterrados no espazo de mar e colocáronse outros en terra. Ademais acoutouse cun valado de corda a duna deste areal, e na zona dos estaleiros e na do regato estendeuse area para mellorar as zonas de toallas. Nas zonas da Mariña así como nas dunas da zona de kitesurf de A Punta procedeuse á instalación de fontes. Tamén se mellorou o espazo contiguo ao club de Remo cun axardinamento e bolardos para evitar que os coches aparquen nas beirarrúas.

En Arelalonga, na parroquia de Chapela, instalouse unha varanda de protección nos dous ríos, mellorouse unha fonte nas duchas e estendeuse area para mellorar distintas zonas desta praia. Na praia de Antoñito a intervención fíxose nos accesos coa renovación do valado.

O departamento de Medio Ambiente realizou en todos os areais de Redondela a limpeza das mesas dos merendeiros e a dos baños das praias, que están abertos ao público de día e noite.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará