Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comezan os descontos na AP-9 con mobilización en Cabanas

Rotonda

A rotonda de Cabanas, onde se celebra mañá a concentración, coas cabinas de peaxe ao fondo

Os veciños esixen a “supresión real” da peaxe entre Redondela e Vigo cunha concentración na rotonda de Cabanas. Demandan a retirada das barreiras e o fin da “discriminación” a Redondela.

Está previsto que as rebaixas nas peaxes da AP9, incluído o 100% de desconto no tramo Vigo-Redondela sexa unha realidade este xoves. O Boletín Oficial do Estado publica este mércores o decreto que regula as bonificacións na autoestrada. O que non convence aos veciños son os requisitos para beneficiarse deses descontos, xa que é obrigatorio o uso do dispositivo de telepeaxe. Por outra banda, para obter a gratuidade no tramo entre Cabanas e Vigo é necesario facer a viaxe de ida e volta nun prazo de 24 horas. No resto de tramos da AP-9 aplícase a gratuidade na viaxe de volta, sempre que se cumpran tamén estes requisitos. Para o presidente da Asociación de Veciños de Chapela isto supón “unha burla aos veciños”, que levan anos reclamando a supresión da peaxe de Rande. Explica que se discrimina aos que non usen o dispositivo OBE, pero ademais se os usuarios só fan uso da autoestrada para ir ou para vir “terán que seguir pagando 1 euro”, polo que eliminación da peaxe “non é real”. O transporte pesado, en cambio, si poderá gozar de gratuidade neste tramo independentemente do sistema de pagamento que empreguen.

Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela

A entrada en vigor dos descontos coincidirá cunha mobilización da veciñanza, que convoca unha concentración mañá xoves ás 20.00 horas na rotonda de Cabanas. Con este acto de protesta esixirán a retirada das cabinas de peaxe de Redondela, situadas a poucos metros do lugar da manifestación. Pérez sinala que son moitas as reivindicacións pendentes de cumprir por parte do Ministerio de Transportes, como a reposición dos viais afectados polas obras de ampliación da AP-9, a instalación de pantallas acústicas ou a ampliación da ponte de Trasmañó.

Pérez sinala que son moitas as reivindicacións pendentes de cumprir por parte do Ministerio de Transportes

Desde o colectivo fan un chamamento para que a cidadanía se sume a esta mobilización, convocada polas Asociacións de Veciños de Chapela e Teis.

O BNG apoia a concentración

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, anima á veciñanza, colectivos e asociacións “a sumarse a esta concentración para reclamar que se elimine este pago inxusto”. Segundo o edil nacionalista, “as rebaixas e bonificacións anunciadas, nacen do acordo polo que o BNG apoiou a investidura de Pedro Sánchez”. Mais para a organización nacionalista “non se está a cumprir ao cen por cen co asinado”, pois as bonificacións limítanse á segunda viaxe, nas 24 horas seguintes, para o que hai que dispor do dispositivo de telepeaxe.

O PP denuncia que non se suprimiu a peaxe

O PP súmase ás críticas e advirte que só se aplica unha “rebaixa” no tramo Redondela-Vigo que se limita aos vehículos con dispositivo electrónico e fagan a viaxe de ida e volta en 24 horas. Os populares coinciden en que o executivo central “non cumpriu o compromiso porque a peaxe de Rande non se eliminou”. A voceira do PP, Carmen Amoedo, indica que con esta decisión o Goberno de España trata á veciñanza de Redondela “como cidadáns de segunda” e critica que a alcaldesa, Digna Rivas, “o consente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará