Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As ANPAS de Redondela levan ao parlamento a demanda do Bacharelato de Artes

PlenoBach

Estela Mouriño, alumna do IES Mendiño, foi a encargada de defender no pleno a moción das ANPAS

Logo de que o pleno do Concello de Redondela aprobase por unanimidade unha moción presentada polas ANPAS na que reclaman á Xunta que se imparta en Redondela o Bacharelato de Artes, agora a demanda chega ao Parlamento de Galicia. Non será a primeira vez que esta petición chegue á cámara galega, xa que no pasado mes de maio o deputado do BNG, Manu Lourenzo, presentou unha iniciativa ao respecto. Daquela a proposta foi rexeitada cos votos do PP, pero as ANPAS de Redondela confían en que desta volta “sairá adiante”. O presidente da ANPA do IES Mendiño, Anxo Lusquiños, sinala que “sería moi difícil de explicar que houbese algunha forza política que votase unha cousa en Redondela e outra distinta en Santiago” .

Anxo Lusquiños é o presidente da ANPA do IES Mendiño

As ANPAS dos centros públicos de Redondela consideran que o voto favorable da iniciativa será o primeiro paso necesario para reparar “unha inxustiza histórica”, como é a ausencia do Bacharelato de Artes en Redondela, “xa que falamos do cuarto Concello da provincia de Pontevedra”. Lusquiños entende que debe ser a Consellería de Ensino quen poña en marcha esta especialidade de bacharelato “nalgún dos catro institutos do municipio”. Con todo, apunta como exemplo que acaba de presentarse a ampliación do IES Pedro Floriani con catro novas aulas “que podería servir para acoller esta especialidade”. O que esixen as familias é que o alumnado que queira optar por estes estudos non teña que desprazarse a Vigo, Pontevedra ou Mos, que é o que acontece a día de hoxe.

A aprobación desta demanda no Parlamento Galego sería o primeiro paso para a súa posta en marcha

No pleno do pasado mes de xuño foi unha alumna do IES Mendiño, Estela Mouriño, a encargada de defender a moción presentada polas ANPAS para esixir o Bacharelato de Artes en Redondela. Todos os grupos da corporación, incluído o PP, aprobaron a proposta para demandar á Xunta de Galicia que se imparta no municipio esta especialidade. Advirten que a demanda destes estudos é “real”, e que desde hai anos é reclamada por toda a comunidade educativa e o Consello Escolar Municipal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará