Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A reforma do Campo da Feira en Arcade mellorará a seguridade viaria da zona

Humanización campo da feira (2)

O vicepresidente Rueda visitou Soutomaior para asinar co alcalde o protocolo de acondicionamento do Campo da Feira

A zona coñecida como Campo da Feira vai experimentar unha reforma integral que mellorará a habitabilidade e a seguridade viaria da zona. Uns cambios dos que se beneficiarán non só os veciños da zona, senón tamén os milleiros de peregrinos que cada ano chegan a Soutomaior percorrendo o Camiño de Santiago Portugués. Precisamente este enclave é a entrada dos peregrinos ao municipio.

Os traballos, cun orzamento de 130.000 euros, abarcarán desde o viario que hai detrás do centro de saúde de Arcade até a parte dianteira do destacamento da Garda Civil. Desde o Concello de Soutomaior explican que se renovará todo o pavimento exterior do conxunto por outro de laxas de pedra do país “máis moderno e cómodo”. A actuación inclúe a renovación do sistema de iluminación pública con lámpadas led. Ademais, para mellorar a seguridade viaria, reordenarase todo o tráfico. Eliminarase o dobre sentido e renovarase o asfaltado en todos os viarios que rodean a zona.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto coa delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou Soutomaior para asinar co alcalde, Agustín Reguera, o protocolo de acondicionamento para estas obras, que serán financiadas a través de axencia Turismo de Galicia.

Reguera sinalou que “só hai unha oportunidade para crear unha primeira impresión, e queremos que a primeira impresión que os peregrinos leven do noso municipio sexa unha contorna amable e acolledora. Un lugar ao que desexen volver”. Pola súa banda, Rueda destacou a Soutomaior como un “enclave singular” do Camiño Portugués, unha ruta pola que este ano xa pasaron 10.000 peregrinos, o 25% dos que chegan a Santiago.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará