Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER valora deixar o goberno e contempla “calquera outra opción”

AER

A Agrupación de Electores prepara unha asemblea aberta para informar da actual situación da formación “e escoitar as opinións da cidadanía”.

A crise no goberno bipartito de Redondela segue aberta. Tras confirmar o PSdeG o seu respaldo á alcaldesa, Digna Rivas, AER entende que a postura dos socialistas é unha “ruptura unilateral do pacto de goberno”. Nun comunicado, a formación asemblearia defende que continuar cun executivo progresista e de esquerdas “debe pasar pola substitución da alcaldesa, que actúa de xeito ríxido e ditatorial”. AER valora deixar o goberno e contempla “calquera outra opción”. Anuncian que seguirán traballando nas diferentes alternativas “de cara a cambiar a deriva do actual goberno”. Preparan unha asemblea aberta para os vindeiros días onde explicarán á veciñanza as razóns que os levan a romper coa traxectoria actual, valorarán as diferentes opcións que podería tomar a Agrupación “e, sobre todo, para poder escoitar as ideas e opinións que a veciñanza queira transmitir”, e que serán tidas en conta á hora de decidir o rumbo rupturista por parte de AER.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará