Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recupera o servizo de autobús á praia con oito viaxes diarias

Praia Cesantes

A liña disporá dunha ruta que cubrirá o traxecto Cedeira-Redondela-praia de Cesantes, e outra co mesmo percorrido pero con saía desde o centro da vila. Haberá autobuses desde as 13.00 ata as 20.15 horas, de luns a venres.

A Xunta porá en funcionamento este venres, día 30 de xullo, dúas novas liñas de autobús para conectar o núcleo urbano de Redondela coa praia de Cesantes. Cos novos servizos recupérase o transporte público ao areal da Punta, que estará operativo durante todo o mes de agosto. As novas rutas contarán cun total de 8 expedicións, tres de ida e cinco de volta, de luns a venres. Unha das novas conexións cubrirá o traxecto Cedeira-Redondela-praia de Cesantes, con paradas en Cedeira (O Cruceiro), Redondela (A Farola, Fonte de Santiago, ambulatorio), Cesantes (Cruceiro), San Pedro de Cesantes, Alto de Cesantes e punta praia de Cesantes. O horario de ida será ás 16,15 horas, con volta ás 19,00, 19,45 e 20,15 horas. A outra liña terá saída de Redondela e seguirá o mesmo percorrido que a anterior ata a praia de Cesantes, con horarios de saída desde a vila ás 13,00 e 16,30 horas e de volta ás 13,15 e 16,15 horas.

Desde o Concello de Redondela demandárase á Xunta, hai unha semana, a reposición “urxente” do transporte público á praia. A alcaldesa, Digna Rivas, solicitara por escrito a administración autonómica chegar a un acordo coa empresa de transportes que puxese fin á paralización do servizo de autobús.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará