Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rutas e kaiak pola ría e paseos nocturnos en Trasmañó

actividadesVenres23

Este venres a veciñanza pode participar en dúas interesantes citas en plena natureza. Por unha banda, as rutas en kaiak para coñecer a enseada de San Simón e a súa biodiversidade, e por outra un paseo nocturno en Trasmañó para coñecer muíños, regatos e todo o patrimonio inmaterial da zona.

Ruta en kaiak

O paseo pola enseada, con monitores especializados, inclúen varias paradas divulgativas na illa de San Simón, nunha batea, no illote das Corveiras, ou no monumento ao Capitán Nemo, entre outras. O obxectivo é que os participantes poidan observar e coñecer de primeira man o valor deste espazo da Rede Natura 2000. A saída é desde o porto de Cesantes, mañá venres día 23 de Xullo con dúas quendas ás 10.00 e ás 14.00 horas. O prezo da actividade, que organiza a concellaría de Medio Ambiente, é de 15 euros.

Lendas ao solpor da ría

O campo de fútbol de San Vicente de Trasmañó será o punto de partida da visita guiada denominada “Ruta nocturna, lendas ao solpor da ría”. Un paseo entre muíños e regatos para coñecer Monte Penide e gozar das vistas do miradoiro da Poza da Lagoa en compañía dun guía local que contará algunha lenda deses lugares naturais. Para a realización da actividade é preciso levar unha lanterna e calzado cómodo. A saída é mañá venres, 23 de xullo, ás 21:30 horas con regreso previsto 00:00 horas. Actividade de balde.

Sobre estas dúas actividades poden informarse no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará