Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Efémeras poñen a música na xuntanza de socios de Reboreda

sdr

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda celebra este sábado, 24 de xullo, unha xornada de convivencia aberta á participación de todos os socios. As actividades comezarán ás 20.00 horas cunha merenda-cea a base de paella con sobremesa. A cita é ao aire libre, no Centro Cultural, e a animación correrá a cargo do grupo de pandeireteiras Carballo das Cen Pólas e o grupo de pop rock furancheiro As Efémeras. Os protocolos derivados da pandemia obrigan a limitar o aforo, polo que é preciso facer unha inscrición previa no teléfono 621 39 02 62. Actividade de balde para os socios, 10 euros para os non socios convidados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará