Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reaxuste de forzas ou pelexa entre socios

dav

Os grupos da oposición no Concello de Redondela, PP e BNG, valoraron nos micrófonos de Radio Redondela a actual situación do goberno local.

O BNG fala de “lóxicas tensións” dentro dun bipartito

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González, afirma que esta “presunta crise” do goberno local non é máis que un “reaxuste de forzas” dentro do executivo de coalición. Os nacionalistas entenden que o conflito xurdiu semanas atrás, coas críticas de AER sobre a xestión da Policía Local que derivaron na dimisión da concelleira de Interior. Ao seu entender, ante esta situación a alcaldesa tivo unha “mala resposta” que foi retirarlle a AER a competencia na limpeza de praias. Para González esta situación entra dentro “das lóxicas tensións que pode haber nun goberno bipartito”, e esixen que se tomen as decisión necesarias para volver “á normalidade”.

Xoán Carlos González, voceiro do grupo municipal do BNG, fala dunha “tensión lóxica” dentro do bipartito

Malia este enfrontamento “puntual” entre os socios de goberno, o edil do BNG afirma que existe “boa sintonía” entre o grupo socialista e o da Agrupación de Electores, porque “son máis cousas as que os unen que as que os separan”. En canto á proposta de AER para que o BNG entre a formar parte do goberno, os nacionalistas non valoran esta opción, e tamén deixan claro que “nin por activa nin por pasiva” favorecerán un goberno alternativo do PP. González explica que o seu grupo, con dous concelleiros, segue a traballar “con normalidade” en asuntos de importancia para a veciñanza como as reunións para a elaboracións dos orzamentos municipais.

O BNG aprecia “boa sintonía” entre os socios de goberno

O PP non intervirá nunha “pelexa de socios”

O PP, grupo maioritario, rexeitou polo de agora manter unha reunión con AER. A voceira da formación, Carmen Amoedo, explica que están dispostos a sentar con calquera grupo político “para falar e buscar solucións aos problemas de Redondela” pero advertiu que non van entrar en “pelexas” entre os socios de goberno.

Amoedo advirte que non van entrar “en pelexas entre os socios de goberno”

Amoedo critica a “falta de xestión” do executivo local, que segundo denuncia está a provocar “graves problemas como a falta de persoal na Policía Local, o colapso dos Servizos Sociais ou o atraso na posta en marcha do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES)”. Amoedo apunta á Digna Rivas como responsable desta situación.

Carmen Amoedo, voceira do grupo municipal do PP

A alcaldesa, a socialista Digna Rivas, non asume a petición dos socios de AER que demandan a súa dimisión para manter o pacto de goberno. A petición da Agrupación de Electores chega despois de que Rivas retirase ao concelleiro de Medio Ambiente as competencias na limpeza de praias. Socialistas e AER conforman un goberno en minoría con sete e tres concelleiros, respectivamente. Rivas contou co apoio dos dous edís do BNG para a investidura. O PP é o grupo maioritario con 9 concelleiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará