Hoxe é Luns 11 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A programación cultural do Día de Galicia contará con todas as medidas sanitarias

actos25

Redondela vivirá tres xornadas de actividades culturais co gallo do Día de Galicia, que se celebra este domingo 25 de xullo. A programación comeza esta noite, na Alameda Castelao, coa proxección da película Cuñados, un filme de Toño López con Xosé Touriñán e Miguel de Lira. Será ás 22.30 horas, con aforo limitado. Mañá sábado a cita será no paseo marítimo de Chapela cun acto institucional e o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, ás 22.00 horas. O domingo, día 25, celebrarase o acto institucional na Alameda Castelao ás 20.00 horas coa participación de nenas e nenos dos campamentos de verán. O prato forte será o concerto de Sés, ás 22.00 horas no campo da feira. Todas as actividades son de balde. Unha parte do aforo reservouse para entregar o mesmo día da actuación nas entradas do recinto, que se abren unha hora antes. Para a súa entrega o público deberá facilitar o seu nome e teléfono de contacto. Para acceder é obrigatorio o uso de máscara e a desinfección de mans. As cadeiras instaladas nos recintos non poden moverse para garantir a distancia de seguridade.

Redondela como referente da lingua e a cultura galegas

As actividades están organizadas pola Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas. Baixo o lema “Terra… a nosa!” amplíase a programación con tres días de actividades “para reforzar e reafirmar o orgullo de ser galegos e galegas, de poñer en valor a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa propia identidade como pobo” afirma Rivas.

Digna Rivas fala dunha programación que reforza “o orgullo de sermos galegos e galegas”

Por segundo ano Chapela acolle tamén parte da programación do Día de Galicia. O paseo marítimo acollerá un acto institucional e o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre. O domingo, día 25, a Alameda Castelao acollerá o acto institucional ás 20.00 horas, con protagonismo de nenos e nenas dos campamentos de verán. O prato forte será o concerto de Sés, “cantante de renome e muller comprometida co feminismo, a tradición e a lingua galega”, sinala Rivas.

O acto institucional do Día de Galicia contará coa participación dos nenos, antes do concerto de Sés
Os recintos abrirán o acceso unha hora antes dos concertos con todas as medidas de seguridade Covid
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará