Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela e Teis mobilízanse para esixir a retirada das cabinas de peaxe

Cabina de peaxe entre Chapela e Vigo

A Asociación de Veciños de Chapela e a viguesa de Teis convoca unha concentración para o próximo xoves, día 29, na rotonda de Cabanas. Fan un chamamento para que a cidadanía se sume a esta protesta que será de 20.00 a 21.00 horas no tramo de acceso á autoestrada AP-9 en Redondela. Con esta concentración reclaman a retirada das cabinas da peaxe, logo do anuncio do Ministerio de Transportes sobre a gratuidade da autoestrada en Rande, que estará condicionada ao uso da telepeaxe. O presidente do colectivo veciñal de Chapela denuncia que se trata dunha “discriminación” xa que noutros tramos onde se liberou a peaxe retiráronse as barreiras. Marcial Pérez fai un chamamento á cidadanía de Chapela, Redondela, Teis e doutras zonas afectadas por esta peaxe a que se sumen a esta protesta.

Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela

Os colectivos veciñais seguen tamén á espera dunha xuntanza solicitada co delegado do goberno desde marzo e para a que aínda non teñen resposta. O seu obxectivo é demandar ao representante do executivo “prazos e proxectos concretos” para todas as obras comprometidas pola ampliación da AP9. Seguen tamén á espera da instalación de pantallas acústicas para minimizar o ruído do tráfico da autoestrada. A reposición de camiños que foron “esnaquizados” coas obras de ampliación, as obras de humanización na parroquia e a ampliación da ponte de Trasmañó son outros dos compromisos para os que aínda non hai orzamentos nin data de execución. Confían en que co cambio de titular no Ministerio a situación cambie

Os colectivos levan meses agardando por unha xuntanza do delebado do goberno para falar das resposicións

A galega Isabel Pardo de Vera é a nova número dous do Ministerio de Transportes, que agora dirixe a ministra Raquel Sánchez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará