Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Grupos locais e voces femininas protagonizan un verán cultural espallado por cinco escenarios

CarunchosTAnto

Ás alamedas de Redondela e Chapela súmanse outros recintos que tamén acollerán concertos, como o Carballo das Cen Pólas, en Reboreda, o paseo de Cesantes e a explanada do museo Meirande.

A programación cultural de verán comeza hoxe, 16 de xullo, coa actuación do grupo de música tradicional Os Carunchos. A cita é ás 21.30 horas na alameda Rosalía de Castro de Chapela. Será a primeira dunha ducia de actuacións nas que se combinan os grupos locais cos de fóra ao longo dos meses de xullo e agosto. Todas as propostas son de balde ata completar aforo e o público asistente terá que estar sentado e cumprir as normas sanitarias.

O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, salienta a recuperación de espazos naturais para ofrecer novos escenarios, como a Finca do Carballo das Cen Pólas, espazo no que non se programara nada desde hai décadas, ata que se recuperou o lugar para actos culturais.

Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura

Mañá vindeiro sábado, 17 de xullo, tocaralle a quenda á “música tradicional furtiva” dos redondeláns Tanto Nos Ten, a partir das 21.00 horas nos xardíns do paseo de Cesantes, co grupo de gaitas Os cuncas como artista invitado. E o domingo 18 actuará o grupo de música galega de raíz, Arxe na Alameda Castelao.

O vindeiro 30 de xullo celebrarase un encontro de bandas de música de Chapela e de San Miguel de Oia na Alameda. Tamén ese mesmo día actuarán os redondeláns Chaleco Reflectante, a banda de punk rock alternativo, xunto aos Fabulosos Zebulones, grupo local cun repertorio de versión de temas de The Beattles. A seguinte actuación, o 31 de xullo, será o festival folclórico Carballo das Cen Pólas, organizado en colaboración coa agrupación Carballo das Cen Pólas.

Voces femininas

Entre as novidades deste verán está un festival no que as mulleres serán as protagonistas e comporán un cartel de cinco actuacións entre as que se atopan a de Sofía Espiñeira (13 de agosto) e Su Garrido (14 de agosto). “Será un festival moi especial, na explanada de Meirande, ao carón do mar e con voces femininas, non só da música, senón que tamén haberá outras sorpresas “.

Sofía Espiñeira e Su Garrido serán algunhas das protagonistas do programa Voces Femininas

Un dos pratos fortes da programación será a xornada de jazz no Carballo das Cen Pólas que terá lugar o 21 de agosto e na que actuará o grupo de jazz, Circus, co recoñecido pianista local, Alberto Vilas. A programación cultural rematará o 29 de agosto cunha proposta musical xusto previa ao Festival Internacional de Títeres de Redondela, coa esperada actuación da Rondalla de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará