Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine, xogos populares e rastrexo no Viso

GAndara

Este venres, día 16, nenos e mozos poderán vivir un serán cargado de actividades na área recreativa da Gándara e o campo de fútbol do Viso. As actividades lúdicas e deportivas nesta contorna natural rematarán cunha sesión de cine para todos os públicos. A cita comezará ás 20.00 horas cun xogo de orientación para nenos a partir dos 6 anos de idade, con prazas limitadas. Ás 21.30 farase unha parada para cear, polo que cada participante deberá levar a súa comida. As actividades continuarán cos xogos populares da Asociación Cultural do Viso pare rematar ás 22:30 horas cunha proxección de cine ao aira libre da película “Abominable”, con aforo segundo o protocolo Covid. A xornada está organizada polas concellerías de Medio Ambiente e Cultura en colaboración coa Sociedade Cultural do Viso. Máis información no enderezo turismo@redondela.gal e no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará