Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos veciñais convocan unha concentración informativa sobre os danos de Aucosa

A Plataforma en Defensa da Enseada San Simón, o colectivo de veciños Afectados de Cabanas-Rande e a Asociación de Veciños de Chapela convocan este venres unha concentración informativa na praia de Arealonga. O obxectivo é dar conta á cidadanía dos prexuízos que está a causar a auxiliar conserveira Aucosa. A empresa, que fabrica fariñas e aceite de peixe, está situada no litoral de Cabanas, en Rande. As asociacións explican que tanto os vertidos incontrolados que fai á ría como a emisión de cheiros “nauseabundos” supoñen un grave problema. O prexuízo non é só para os veciños da contorna, que sofren de primeira man estes efectos, senón tamén para a sociedade en xeral e para o ecosistema mariño, xa que as verteduras contaminan a ría. Estiman que os verquidos superan os 15.000 metros cúbicos e os gases de dióxido de carbono os 30 millóns de quilos ao ano. Os convocantes denuncian que a empresa está a utilizar a ría “como un vertedoiro incontrolado”, ao tempo que “atufa” a contorna con cheiros “pestilentes”. Esta situación estase a repetir case a diario nos últimos meses “e a empresa sae impune”, lamentan. Para dar contra desta situación convocan á veciñanza mañá venres, día 9 de xullo, ás 18.30 horas na praia de Arealonga.

Nas últimas semanas téñense producido varias verteduras de grandes dimensións na zona. A análise realizada pola concellería de Medio Ambiente apunta a Aucosa como orixe do verquido. Desde o Concello esixen á Xunta de Galicia, organismo competente nesta materia, que ordene o cese da actividade na auxiliar conserveira polo incumprimento da normativa ambiental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará