Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tráxica fin de semana na N-550

FotoAccidente

Tres persas resultan feridas onte nun accidente frontal entre dous turismos. Na tarde do sábado faleceu un motorista nun sinistro que se producía a tres quilómetros do rexistrado onte.

A estrada N-550 volveu ser escenario onte dun grave accidente de tráfico ao chocar dous coches frontalmente. O sábado pola tarde un motorista, de 41 anos, perdeu a vida ao chocar a súa moto contra un turismo no punto quilométrico 141. No accidente de onte domingo o servizo de emerxencias do 112 recibiu o aviso ás 13.45 horas por un choque no quilómetro138 nesta estrada nacional, en Cesantes. O sinistro foi comunicado aos servizos sanitarios, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio. Tras acudir ao lugar do accidente, foron tres as persoas feridas que tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

Un motorista falecido e dúas persoas feridas

A poucos metros deste accidente, no quilómetro 141, faleceu na tarde do sábado un veciño de Redondela de 41 anos ao chocar a moto que conducía contra un turismo. O coche estaba ocupado por dúas mulleres que resultaron feridas e foron trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O forte impacto obrigou aos bombeiros do Porriño a excarcerar á condutora do coche, que quedou atrapada. Xunto a eles trasladáronse os axentes da Garda Civil de tráfico e o servizo de Protección Civil de Redondela. Investígase se o accidente puido deberse a un xiro improcedente do turismo. O sinistro sucedeu sobre as 17.00 horas, á altura das gasolineiras Repsol. A Garda Civil fíxose cargo do accidente ao estar a Policía Local sen axentes nesa quenda.

Mes negro na N-550

Dáse a circunstancia de que nesta mesma estrada tiña lugar outro accidente mortal a comezos de mes. O día 3 de xuño un motorista de 60 anos de idade faleceu ao estrelarse na N-550 no lugar da Pantalla. .O piloto circulaba en dirección Pontevedra, perdeu o control da motocicleta e saíu da estrada para acabar batendo contra o alicerce da ponte do tren.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará