Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela apoia o movemento asociativo con preto de 250.000 euros en subvencións

ConcelloRedondela

O pleno da corporación municipal de Redondela aprobou por unanimidade na sesión ordinaria deste mes de xuño as subvencións nominativas para asociacións e colectivos. Con estas axudas o goberno local busca “apoiar ao movemento asociativo redondelán que, dende as súas diferentes áreas de actuación, contribúe ao desenvolvemento social, cultural, veciñal deportivo e económico de Redondela”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas. Serán en total 246.500 euros, que se repartirán con diferentes contías entre diferentes entidades. Os beneficiarios son a Asociación Española contra o Cancro (AECC), Asociación Lenda-Saúde Mental, Cáritas da Diócese Tui-Vigo, Fundación Santa Cruz, Andaina, Solidariedade Galega co pobo saharauí, ONG Da Man, Afaga, Fundación Amigos de Galicia, Millo Verde, Asociación Cultural e Social de Chapela, Asociación Cultural Xente Titiriteira, Club de Atletismo Redondela, Confraría de Pescadores San Juan e Asociación de Empresarios de Redondela. Tamén recibirán subvención o CCD Cesantes, co gallo da XXXV Bandeira Redondela, e o C.R. Chapela para a VI Bandeira Feminina Chapela, XXXV Bandeira Masculina de Chapela e XXV Bandeira de Bateis.

As subvencións aprobáronse no pleno celebrado o pasado xoves, xa que ao non haber orzamentos municipais, deben contar co apoio da corporación. Malia as críticas dos grupos da oposición por non ter aprobadas as contas para este ano 2021, todos os grupos apoiaron de xeito unánime estas axudas para colectivos e asociacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará