Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Celebración e reivindicación no Día do Orgullo LGTBIQ+

dav

Digna Rivas posa no escenario do Orgullo LGTBIQ+ xunto a Carolina, Puri e Andrés

A praza do Concello de Redondela acolleu este mediodía a lectura do manifesto coa gallo da celebración, neste 28 de xuño, do Día do Orgullo LGTBIQ+. Un acto que comezou coas palabras da alcaldesa, Digna Rivas, quen lembrou que Redondela sempre apostou “pola diversidade, a tolerancia e a igualdade de dereitos”. Na lectura do manifesto, que compartiu con membros das asociacións Irisar e PVLSE, Rivas lembrou que aínda existe no noso entorno “discriminación e violencia por motivos de orientación ou identidade sexual”. A rexedora afirmou que se ten avanzado avanzado moito nos últimos anos “pero aínda quedan casos de discriminación” que hai que erradicar.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela e responsable de Igualdade

No manifesto, Andrés fixo fincapé no feito de que todas as persoas nacen “libres e iguais en dignidade e dereitos”. Pediu lembrar nesta data as reivindicacións do colectivo LGTBIQ+ “por unha igualdade real”, xa que aínda existe a discriminación.

Andrés fixo fincapé no feito de que todas as persoas nacen “libres e iguais en dignidade e dereitos”

Tamén participou no acto Puri, nai dunha moza lesbiana que, ademais de ler o manifesto, quixo tamén poñer o foco no papel das familias e da sociedade en xeral. Explicou que para ela non supuxo ningún problema a orientación sexual da súa filla, pero advertiu que en moitos casos os rapaces e rapazas “teñen que ocultar a súa condición sexual ou son rexeitados e discriminados”. Por iso fixo un chamamento á sociedade para “rematar coa intolerancia”, xa que en moitos aspectos a sociedade “en lugar de avanzar, retrocede”. E desexou que todos poidan vivir “en liberdade” xa que os que non teñen sitio na sociedade “son os intolerantes”.

Puri fixo un chamamento á sociedade para “rematar coa intolerancia”

Rematou a lectura do manifesto Carolina Smith, a muller máis nova de Galicia que se decidiu por un cambio de sexo cando tiña 16 anos. Lembrou que na década dos 80 as persoas transexuais eran tratadas como “enfermas”, sufrían persecucións, eran detidas “e tratadas como animais”. Carolina sufriu o rexeitamento da súa familia e da sociedade en xeral e exerceu a prostitución antes de dedicarse ao mundo do espectáculo.

Carlina Smith, a muller máis nova de Galicia que se decidiu por un cambio de sexo

Actualmente, con 51 anos, Carolina logrou o seu primeiro contrato “oficial”, e traballa como barrendeira no Concello de Redondela. Por iso amosou tamén o seu agradecemento ao Concello “onde sempre a trataron con cariño e como a unha máis”.

Programación da semana LGTBIQ+

O Concello de Redondela continuará esta semana coa conmemoración do Día LGTBQI+, coa iluminación por primeira vez coas cores arco iris na ponte de madeira da Alameda Castelao. Tamén está a disposición de todos os que o desexen o escenario “Posa pola Diversidade” na Praza do Concello a carón do banco arco iris. O venres, 2 de xullo, no Multiúsos da Xunqueira celebrarase unha charla coloquio a cargo de PVLSE co título “Diversidade e Historia LGTBI”. Ese mesmo día, ás 21:30 horas, quedará instalado na Alameda Castelao un Punto de Información Arco Iris, e a xornada pecharase ás 22.00 horas co concerto de Sacha na Horta, tamén na Alameda Castelao. Un programa “co que demostramos que Redondela está á fronte de iniciativas que dan visibilidade á diversidade dentro da normalidade social”, sinala a alcaldesa.

O Concello ilumina por primeira vez coas cores do arco da vella a ponte de madeira da Alameda Castelao

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará