Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadores de Urbaser denuncian “presións” por parte da empresa

No verán durante varias xornadas festivas tamén quedaron colectores sen recoller

O seguimento que a concellería de Medio Ambiente está a facer a Urbaser, empresa concesionaria da recollida do lixo en Redondela, está a ter repercusións para os traballadores. Nos dous últimos anos o Concello detectou numerosos incumprimentos no servizo, como a falta de recollida do lixo nas parroquias, ou na limpeza e mantemento dos contedores. A concellería que dirixe Roberto Villar notificou máis de 300 incidencias, e está a someter á empresa a un exhaustivo control. Desde o sindicato CUT denuncian que esta situación final tradúcese “en máis presión sobre os traballadores”. Manuel Iglesias, presidente da sección sindical, explica que a empresa se dirixiu aos traballadores en termos “intencionadamente ambiguos” para esixir que deixen as paradas “limpas”. Iglesias advirte que esta orde xera “dúbidas” entre o persoal “sobre que meter ou non no contedor verde”, xa que queda á libre interpretación de cada traballador. Desde o sindicato advirten que esta situación “vai en contra da credibilidade do sistema de separación dos residuos”. Explican que por unha banda foméntase que a cidadanía chame por teléfono para depositar voluminosos, indicando día, lugar, e tipo de residuos, e por outra banda “instan ao persoal para que fagan desaparecer estes voluminosos estean ou non nos listados”. Advirte Iglesias que as deficiencias no servizo veñen dadas pola falta de persoal e de medios. Sinala que seguen “baixo mínimos” e cunha maquinaria “obsoleta” mentres aumenta a carga de traballo. Desde que comezou a pandemia da Covid só vai un peón na parte traseira do camión de recollida “pese ao aumento de residuos voluminosos e as demandas sindicais sae só unha persoa a realizar este servizo”. Co persoal insuficiente “todo o servizo coxea”, sinala Manuel Iglesias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará