Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fundación Filomena Rivero Alonso dona 2.200 euros en libros á Biblioteca Valle-Inclán

FUNDACION FILOMENA RIVERO

Daniel Boullosa, Digna Rivas, Temo Crespo e María Elena Becerra.

A Biblioteca Municipal, situada no Multiúsos da Xunqueira, acolleu onte o acto de entrega desta colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso. A doazón inclúe un gran volume de libros, tanto para público infantil como adulto, cos que se amplían os fondos da Biblioteca pública municipal Valle-Inclán. No acto participaron o secretario da Fundación, Telmo Crespo Tojeiro, o concelleiro de Cultura de Redondela, Daniel Boullosa, a alcaldesa Digna Rivas, e a a responsable da Biblioteca, María Elena Becerra. O edil de Cultura agradeceu “a implicación da Fundación Filomena Rivero Alonso que, ano tras ano, colabora na ampliación do fondo bibliográfico municipal, achegando aos veciños e veciñas e nenos e nenas desta localidade á cultura e facilitando o acceso á lectura e á formación”. Neste intres, as bibliotecas municipais atenden a cerca de seis mil redondeláns. A pesares do descenso dos préstamos durante os meses de restricións por mor da Covid-19, entre as sedes de Redondela e Chapela realizáronse o pasado ano preto de 20.000 visitas e xestionáronse uns 13.000 préstamos.

A Fundación, presidida por Gracia Regojo, leva anos traballando a prol do apoio e promoción da cultura en Redondela. Este vínculo remóntase ao ano 2006 cando comeza a colaborar coas ANPAS. Anos máis tarde consolídase a través da rede de bibliotecas, coa creación dun “Club de Lectura”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará