Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A UE recoñece o modelo de “mobilidade sostible” da estrada do Galleiro

VALOS

Infografía do proxecto da estrada Os Valos-Guizán

O proxecto da Deputación de Pontevedra para a estrada Os Valos-Guizán conta co recoñecemento dos fondos Feder da UE. A reforma nesta vía, coñecida como estrada do Galleiro, vai supoñer a súa “transformación integral”, coa reordenación da circulación peonil, ciclista e rodada. Os traballos realízanse nun tramo de 740 metros da EP-2906, e que conecta a PO-2602 co aeroporto de Peinador e a N-550. Trátase dun treito cunha alta densidade de poboación, de xeito que esta actuación integral busca “mellorar a seguridade, promover unha mobilidade urbana sostible para favorecer o transporte ciclista e peonil e reducir as emisións de carbono”, apunta o deputado Carlos Font. Este modelo de mobilidade que promove o ente provincial acaba de recibir o aval internacional dos fondos Feder “que recoñece a mellorar na seguridade viaria que supón este proxecto singular, que tamén favorece unha rebaixa nas emisións de CO2”, explica Font. O Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético confirmou a concesión desta subvención, que ten un importe de 257.480 euros, o que supón o 80,4% do total de 320.000 euros nos que está presupostada esta obra.

As obras contemplan cambios na mobilidade e unha rebaixa na velocidade do tráfico. Entre os puntos quilométricos 2+180 e 2+390 as obras céntrase na beiravía esquerda, cunha importante ampliación para mellorar a seguridade. Doutra banda, a obra contempla na zona de maior densidade a creación dunha plataforma única de convivencia entre peóns e vehículos coa correspondente sinalización horizontal e vertical. A estrada gaña un carril peóns-bicicletas. Para elo habilitarase unha franxa con elementos separadores, de 50 centímetros de anchura, para protexer a senda peonil ciclista, que terá outros 2 metros de ancho. A actuación tamén permitirá reducir a velocidade do tráfico no viario a 30 quilómetros por hora, mellorando as condicións de seguridade peonil, e coa redución dos niveis de ruído e contaminacións. Instalarán redutores de velocidade e no treito de plataforma única reducirase o límite a 20 quilómetros por hora.

Con todo, o proxecto non convence aos veciños de Vilar, que desde que se presentou reclaman a construción de beirarrúas a ambos lados da estrada, como na fase anterior da estrada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará