Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Ares fanse co Memorial Paco Fenosa

ChapelaPaco

Gran xornada de remo a disputada onte fronte ao paseo de Cardona co gallo do XVI Memorial Paco Fenosa de traiñeiras. O mal tempo non desanimou a cita, organizada polo Club Remo Chapela. Un ano máis a regata serviu de homenaxe e lembranza ao que durante anos fora o presidente da entidade, Francisco Alonso, coñecido por todos como “Paco Fenosa”. Cunha gran participación, un total de 28 traiñeiras, na categoría masculina a vitoria foi para Ares, seguido de Cabo de Cruz e Bueu, demostrando os primeiros o gran nivel dos equipos galegos da ACT. O barco do CCD Cesantes foi 9º, e Chapela acabou 16º.

Na categoría feminina o triunfo foi para Chapela, e completaron o podio Tirán e Cabo de Cruz.

Todo un éxito de participación nesta primeira toma de contacto das traíñas galegas antes de que a próxima fin de semana comece a competición oficial coas ligas Galega A e B, e na ACT.

Resultados masculinos: 1.- Ares, 21.11.81; 2.- Cabo Cruz-A, 21.29:92; 3.- Bueu, 22.10:07; 4.- Mera, 22.14:03; 5.- Tirán, 22.19:40; 6.- Samertolaméu-A, 22.23:98; 7.- Mecos, 22.58:21; 8.- Cabo Cruz-B, 22.58:49; 9.-,Cesantes, 23.02:98; 10.- Rianxo, 23.06:76; 11.- Esteirana, 23.13:60; 12.- Narón, 23.30:81; 13.- Cedeira, 23.53:64; 14.- Mugardos, 24.28:86; 15.- Virxe Guía, 24.37:89; 16.- Chapela, 24.45:34; 17.- Samertolaméu-B, 25.01:23; 18.- Poboa, 25.48:14; 19.- Vila Cangas, 25.52:35.- Vilaxoán e Muros, descualificados ao pasar virada por estribor.

Resultados femininos: 1.- Chapela, 27.10:68; 2.- Tirán, 27.48:76; 3.- Cabo Cruz, 28.45:10; 4.- Rianxo, 29.11:58; 5.- Chapela-Mix, 29.24:91; 6.- Mugardos, 31.19:66; 7.- Poboa, 33.00:35.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará