Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior e Pazos permiten as fogueiras de San Xoán en terreos particulares

fogueira

Os Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén teñen aberto o prazo de solicitude para que os particulares que o desexen poidan facer unha fogueira de San Xoán. Estes municipios permiten as tradicionais cacharelas na noite do 23 ao 24 de xuño en terreos particulares, e establecen unhas recomendacións sanitarias para evitar aglomeracións. Debido ás restricións que aínda están vixentes pola pandemia da Covid-19, as cacharelas só están permitidas en terreos privados, polo que os interesados deberán cumprimentar a solicitude antes do día 23. En canto aos requisitos que se establecen para a realización das fogueiras, os lumes deberán realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 12 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberá superar en ningún caso os 3 metros de alto.

Non está polo tanto permitido facer fogueiras en espazos públicos, como praias ou outros recintos, co fin de evitar aglomeracións. A normativa vixente que establece a Consellería de Sanidade si permite as reunións particulares, pero non os eventos populares ou verbenas polo de agora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará