Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de mellora permiten ensanchar o camiño Val do Muíño no Viso

Val do Muiño 01

O Concello de Redondela deu por rematadas, esta semana, as obras de ancheado e mellora que se realizaban no camiño Val do Muíño, na parroquia do Viso. Trátase, segundo apunta o concelleiro de Vías e Obras, Vicente Lamas, “dun camiño que da servizo a numerosas vivendas e que se atopaba en malas condicións, tanto polo estreito da vía como polo estado do firme”. Para poder anchear o camiño e minorar a afección a parcelas privadas, realizáronse muros de contención de ata 4,5 metros de altura. O firme renovouse cunha capa de rodaxe de asfalto de 6 centímetros de espesor sobre unha capa base de grava artificial de 25 centímetros. Nas zonas que se ampliaron a base do firme substituíuse por unha capa de formigón de 18 centímetros, e sobre ela aplicouse a capa de rodaxe. Estas actuacións permitiron que agora o camiño teña un ancho medio de plataforma de 5 metros, “o que garante a seguridade viaria dos vehículos e peóns que circulen pola zona”. As obras incluíron un novo colector para a recollida de augas pluviais. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou a importancia da obra realizada que da resposta á unha vella demanda veciñal “que carecía dun camiño en condicións, polo que se dificultaban os desprazamentos”. As obras contaron cun investimento de 49.617 euros, que foron financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2020.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará