Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escolares de Pazos realizan unha ruta arqueolóxica polo patrimonio de Amoedo

RutaFoxoLobo

Co obxectivo de que as novas xeracións coñezan o patrimonio natural, histórico e arqueolóxico do municipio, a Biblioteca Municipal organiza mañá venres unha ruta pola Senda Arqueolóxica de Amoedo. Baixo a dirección do arqueólogo Xurxo Constela, os participantes visitarán restos de petroglifos, mámoas e un foxo do lobo. O gran número de restos arqueolóxicos converten esta zona nun referente en Galicia das épocas da prehistoria recente, sobre todo Neolítico e Idade do Bronce.

A recente catalogación dun foxo de lobos de dobre converxencia aumentan aínda máis o atractivo desta ruta, xa que se trata dun resto insólito e representativo da Época Medieval en Galicia. Deste xeito, alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez”, coñecerán tamén a toponimia recuperada nestas sendas e paraxes naturais.

Se o tempo o permite, o alumnado realizará a ruta sur, na zona do Alvedosa, con 9 grupos de petroglifos, 6 mámoas e un foxo de lobos. O percorrido ten unha extensión aproximada de 2 quilómetros, e unha duración de entre 2 e 3 horas. A saída está prevista ás 10:00 horas da mañá dende a gasolineira de Chan de Amoedo. Desde BiblioPazos agradecen a colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Amoedo “polas facilidades dadas para poder organizar esta actividade e pola limpeza na zona para que os escolares poidan coñecer o patrimonio arqueolóxico e histórico”.

O protocolos Covid-19 impiden a participación de máis persoas que puideran estar interesadas en realizar esta actividade, pero desde o Concello informan que convocarán outras rutas para o público en xeral “tan pronto sexa posible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará