Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Laredópolis, unha cidade de premio

LAredopolis

O CEIP Laredo, de Chapela, recibiu o premio do certame “Cooperativismo na escola” da Xunta de Galicia. Co proxecto “Laredópolis, a cidade dos nosos soños” o colexio redondelán proclamouse vencedor na categoría de 1º e 2º de Primaria. O traballo consistiu en elaborar unha gran maqueta da súa cidade imaxinaria. En Laredópolis non falta de nada. A urbe, que conta con zona de litoral e de interior, inclúe espazos rurais, zonas de ocio, industria limpa, áreas residenciais e transporte público. O alumnado encargouse de realizar todas as maquetas, establecer normas de circulación, espazos comúns e zonas verdes. As titoras, Nuria e Mariana, amosáronse moi satisfeitas co premio, e sobre todo coa ilusión posta polos nenos e nenas á hora de construír “a cidade dos seus soños”. O certame, que promove os valores do cooperativismo tales como o espírito democrático e a actuación colectiva, recoñeceu con este premio o traballo do CEIP Laredo. O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolleu onte a entrega dos galardóns, a cargo da directora xeral de Emprego, Covadonga Toca, coa presenza do alumnado vía telemática.

A entrega de premios celebrouse onte de xeito telemático desde o Salón Teatro de Santiago de Compostela

Noutras categorías foron premiados o CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros (Lugo), o CEIP Plurilingüe de Domaio (Moaña), e o CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal de Oleiros (A Coruña).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará