Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior acolle unha charla sobre a xestión do monte en man común

XestionMonte

O BNG de Soutomaior organiza unha charla informativa co obxectivo de “concienciar” sobre a xestión do monte. Será mañá mércores, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Rexina Míguez de Soutomaior. O acto analizará como as comunidades de monte poden sacarlle máximo rendemento económico e social ao monte galego. O coloquio informativo encádrase na liña do acto que xa levou a cabo o BNG de Soutomaior en maio deste ano, no que convidou a membros das comunidades de montes da contorna e á veciñanza interesada para dar visibilidade á situación dos parques eólicos en Galicia. Desde o Bloque lembran que levan defendendo unha política medioambiental “que respecte a flora e fauna galega, poña en valor o patrimonio histórico do agro do país e que revitalice o rural de cara as futuras xeracións”. Sinalan que o seu modelo é contrario ao que propugna a Xunta, “afastado do interese xeral dos galegos”. No acto intervirá o deputado Xosé Luis “Mini” Rivas, o portavoz municipal do BNG e deputado Manu Lourenzo, e o técnico agroforestal Xosé Antonio Meixide.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará