Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un estudo científico analiza os beneficios das praderías mariñas de San Simón

EnseadaSanSimon

A enseada de San Simón e a baía de Santander son os dous lugares elixidos polo proxecto ZOSTECO, liderado pola Universidade de Vigo e no que participa o Instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria. O seu obxectivo é avaliar e cartografiar os beneficios que xeran as praderías mariñas e explorar os potenciais conflitos e sinerxias que se establecen entre esta vexetación mariña e as actividades humanas. A finalidade do estudo é “mitigar” os impactos negativos que a actividade humana poida causas neste ecosistema e permitir “unha xestión dos espazos naturais máis axeitada”. A investigación desenvólvese en dúas zonas piloto: a baía de Santander (Cantabria), e a enseada de San Simón na ría de Vigo (Galicia). Os expertos recolleron todas as publicacións sobre estas dúas zonas, e tamén o saber acumulado polos actores que operan nestes espazos a través de entrevistas en profundidade realizas a pescadores, mariscadoras, administracións públicas, empresas de actividades recreativas, organizacións ambientais, etc.

Os resultados preséntanse nuns obradoiros, un que tivo lugar en Santander o pasado 8 de xuño e o que se desenvolve hoxe en Redondela de xuño. Posteriormente, no mes de setembro, organizarase un foro participativo onde se discutirán e acordarán posibles accións de mellora na xestión destes espazos naturais.

O proxecto desenvólvese co apoio da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do Programa PLEAMAR, co-financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Colaboran Xunta de Galicia, Goberno de Cantabria, Concello de Redondela, Confederación de Pescadores de Galicia e Confraría de Redondea, asociación ecoloxista ADEGA, Universidade de Vigo, Instituto de Hidráulica Ambiental da Universidade de Cantabria, Universidade de Santiago e Fundación Lonxanet.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará