Hoxe é Sábado 16 de Outubro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Remo e xogos de praia no Campamento de Verán do CCD Cesantes

CAmpamentoVeranCEsantes

Participantes do Campamento de Verán do club de Remo CCD Cesantes do ano pasado

O Club de Remo do Centro Cultural e Deportivo de Cesantes ten aberto o prazo de inscrición para o seu campamento. Realizarase nos meses de xullo e agosto. Os participantes poderán ter o seu primeiro contacto co mundo do remo, ademais de participar noutras actividades lúdicas e xogos na praia de Cesantes. Ana Hermida, da directiva do club, explica que o obxectivo destas actividades é axudar á conciliación familiar nas vacacións escolares “ao tempo que os rapaces coñecen un novo deporte e fan actividades na praia”.

Ana Hermida, da directiva do club de remo do CCD Cesantes

O campamento de remo está dirixido á rapazada a partir dos 9 anos, e o prezo é de 30 euros ao mes. Cumprindo os protocolos Covid, o campamento faise con grupos reducidos en dous grupos, un deles con actividades os luns e mércores de 9:00 a 12:00 horas, e outro os martes e xoves no mesmo horario. Hermida explica que esta actividade tivo moito éxito o pasado ano, e un gran número participantes sumáronse ás bases do club de remo e seguiron practicando este deporte todo o ano.

O campamento de verán tivo moito éxito o ano pasado, e moitos participantes pasaron a formar parte das bases do club

Para máis información poden dirixirse ao whatsapp 640.60.92.93 ou no enderezo electrónico ccdcesantes@gmail.com.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *