Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Ventosela por un presunto delito de agresión sexual

agresion-sexual

Axentes da Policía Local de Redondela detiveron na tarde de onte a un varón, de 53 anos de idade, por un presunto delito de agresión sexual a unha moza de 18 anos. Os feitos aconteceran horas antes, ao mediodía. O home, que reside desde hai uns meses na parroquia de Ventosela, realizou tocamentos á rapaza, que se atopaba na vía pública, e tentou retela contra a súa vontade. A moza logrou fuxir ao aparecer un veciño que pasaba pola zona. Pasadas as 17 horas, axentes policiais localizaron ao individuo, e despois de identificalo foi detido e trasladado a comisaria da Policía Nacional en Vigo. O presunto agresor foi posto a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará