Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Xoán sen fogueiras

Fogueira

O Concello de Redondela non autorizará este ano as fogueiras de San Xoán “para evitar situacións de risco”. As tradicionais cacharelas non arderán na noite do 23 ao 24 de xuño, e tampouco se permitirán noutras datas alternativas. Desde a concellería de Medio Ambiente entenden que as fogueiras de San Xoán son, por definición, un evento “para o encontro e a celebración, de carácter festivo e espontáneo, polo que cada cacharela dá lugar a concentracións de persoas e desprazamentos de poboación impredicibles”. O goberno local sinala que desde o Concello non se deben favorecer situacións de risco “que comprometan o éxito da campaña de vacinación, ou que poidan elevar o nivel de restricións en Redondela co conseguinte impacto económico que elo tería”. Analizados os riscos da celebración das fogueiras “e tendo en conta que aínda seguimos nunha situación de excepcionalidade”, o criterio do Concello é o de “protexer a saúde das persoas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará