Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica chega a Pazos

LOGO FESTIVAL ATLANTICA 2021

A novena edición do Festival Atlántica comeza con dúas funcións para escolares no Auditorio de Pazos de Borbén en colaboración co Concello. Nesta festa dos contos participarán os galegos Brais das Hortas e Anxo Moure “Carballo con botas” hoxe luns e o mércores 16, respectivamente. Na cita deste luns, dirixida a escolares, Brais das Hortas ofrece o espectáculo “Contos para caghar patatillas”, unha mestura de música, clown e contos a partes iguais.

Na cita do mércores, día 16, os contos chegarán da man de Anxo Moure “Carballo con botas” e Nubinete contra o cambio climático, unha proposta de viaxe de contos e cantigas ate as nubes para coñecer a problemática da contaminación e o cambio climático. Cun singular paraugas reciclado de nome Dameaugas os máis cativos intentarán conseguir “que chovan contos, soños, esperanzas e futuro”. Este espectáculo está baseado no libro O paraugas Dameaugas do propio Moure e forma parte do proxecto CUCO (Cultura Contra o Cambio Climático).

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlantista. Esta é a cuarta edicicón na que participa Pazos de Borbén. O obxectivo do certame é indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar. Toda a información relacionada co programa e cos artistas pódese consultar na web http://festivalatlantica.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará