Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pauleta, cando a ilusión e o traballo conducen ao éxito

dav
Escoita aquí a entrevista completa

A futbolista Paula Domínguez “Pauleta” goza estes días en Redondela duns merecidos días de vacacións. A xogadora redondelá conquistou esta temporada o título de Liga co Benfica e a Taça de Portugal, ademais de debutar na Champions feminina. Un éxitos deportivos que compaxina cos estudos universitarios de Química, que está a piques de rematar. Este verán cumprirá 24 anos e comezará a súa sexta temporada no país veciño. Logo de formarse de nena na canteira do Casa Paco e a Escola de Fútbol Base de Redondela, pasou polo Olivo antes de dar o salto a Portugal co Braga. Pero é no Benfica onde está a colleitar os máis importantes éxitos da súa carreira, club co que suma seis títulos. Recoñece que tivo “dúbidas” ao marchar a Portugal, pero agora non pode estar máis satisfeita coa decisión porque o club portugués “ten unha aposta forte e decidida polo fútbol feminino que medra cada ano”. Lamenta que a situación en Galicia sexa diferente, e agarda que clubs como o Celta dean tamén o paso, porque “se apostan polo fútbol feminino as xogadores sempre responden”. Malia que leva anos como xogadora profesional, explica que a situación das mulleres “é moi diferente á dos homes”. As condicións económicas “non teñen nada que ver”, por iso as futbolistas de máximo nivel “temos que ter unha formación que nos garanta un futuro laboral, e os homes non”, razoa Pauleta. Recoñece que se ten avanzado moito no fútbol feminino, “pero queda moito traballo para chegar a unha igualdade real”. Afortunadamente as nenas hoxe teñen referentes “que cando eu era pequena apenas existían”. Pauleta é, sen dúbida, un deses grandes referentes no céspede e fóra del.

O pasado mes de maio proclamouse campioa de Liga co Benfica

A pasada fin de semana recibiu na Xunqueira unha emotiva homenaxe da man de Casa Paco e o Concello. A xogadora asegura “agradecida e feliz” que ningún título lle dará “as sensacións vividas neste recoñecemento”.

A pasada fin de semana recibiu unha emotiva homenaxe na pista da Xunqueira
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará