Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reunións sen límite de participantes e bares abertos ata a unha da mañá

dav

As xuntanzas entre non conviventes, dentro e fóra dos domicilios, quedarán permitidas a calquera hora e sen límite de persoas a partir do vindeiro sábado 12 de xuño ás 00:00 horas. Tamén nese momento entrará en vigor a ampliación do horario dos bares, que poderán pechar á unha da madrugada, coa condición de que teñan medidores de CO2 para garantir unha correcta ventilación. Ademais, nas terrazas dos establecementos de hostalaría permítese a reunión de ata 15 persoas, e no interior dos locais mantense o máximo de seis por mesa.

A situación epidemiolóxica mellora, e seguen a reducirse os casos activos e os enfermos hospitalizados, que baixan dos 70. Non se rexistraba unha cifra tan baixa de ingresos por Covid−19 dende agosto do ano pasado. Os casos activos en Galicia son 1.613, 66 menos ca onte. Na área sanitaria de Vigo hai un total de 416 persoas contaxiadas, 25 menos que na xornada anterior. A situación nos hospitais tamén mellora, hai en total 66 persoas ingresadas en Galicia por coronavirus, 51 delas en planta, 5 menos ca onte, e mantense a cifra nas UCI con 15 pacientes.

A evolución dos datos permitirá que a partir do sábado ningún Concello galego estea nos niveis máximo e alto, e non haberá ningún peche perimetral. Serán 5 os municipios en nivel medio, dous deles na nosa bisbarra: Soutomaior e Mos. O novel medio supón restricións para a hostalaría, cunha rebaixa do aforo, limítase a ocupación a un 30% no interior dos locais e un 50% en terraza. Neste novel medio estarán tamén a partir do sábado Oroso, Viveiro e Xove.

Redondela, ao igual que Vigo, Pazos de Borbén ou Fornelos de Montes seguen en nivel baixo. Redondela rexistrou nos últimos 14 días 19 novos casos, cunha incidencia acumulada de 65 casos por cada cen mil habitantes. En Pazos están por baixo dos 50 de incidencia acumulada, e en Fornelos non se rexistra ningún casos.

Os profesionais sanitarios piden prudencia ante a desescalada

Malia evolución positiva da pandemia, os profesionais sanitarios piden “prudencia” e non excederse na “relaxación” das normas, porque o virus “segue circulando”. Emilio Santiago, doutor no Centro de Saúde de Redondela, advirte que “aínda queda un pouco para acadar a inmunidade de grupo”. Esta semana comeza a vacinación para as persoas de 40 a 49 anos, pero non será ata finais do verán “cando estea inmunizada un 70% da poboación”, porcentaxe que xa ofrece a coñecida como “inmunidade de rabaño”.

Emilio Santiago, doutor no Centro de Saúde de Redondela,

O feito de que a poboación de risco, maior de 70 anos, estea xa inmunizada supón unha garantía, pero aínda se dan casos de Covid “sobre todo entre persoas novas”. Santiago lembra que a enfermidade non supón só un risco para os anciáns, senón para persoas de calquera idade, xa que ás veces as secuelas prolónganse “durante meses”.

A Covid-19 non afecta só aos maiores e as secuelas da enfermidade poden prolongarse meses

Por iso lembra a importancia de seguir cumprindo coas normas sanitarias, como o uso da máscara e a distancia de seguridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará