Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa “Somos diversidade” leva o teatro a Soutomaior

diversidade

A concellería de Igualdade celebra este mes de xuño o programa “Somos diversidade”, iniciativa enmarcada entre as celebracións internacionais do 17 de maio, día contra a homofobia, bifobia e transfobia, e o 28 de xuño, día do orgullo LGTB+. O obxectivo é promover “a tolerancia, a igualdade de dereitos e a dignidade das persoas dos colectivos LGTBI+”. Durante este mes de xuño o edificio multiusos de Arcade acolle unha serie de contacontos e representacións teatrais enfocadas ao público familiar nas que se busca potenciar valores de respecto á diversidade sexual. Ademais, a biblioteca municipal acollerá durante todo o programa un punto de lectura para todas as idades con publicacións de educación afectivo-sexual. A pasada semana comezou a programación co espectáculo “Rosa e azul”, un contacontos dedicado a romper os estereotipos de xénero.

Dobre sesión hoxe venres

Hoxe venres, 11 de xuño, haberá unha dobre sesión. A partir das 19 horas, no exterior do multiusos, Pablo Sánchez interpretará o seu espectáculo “Príncipas e princesos”, unha obra chea de contos sobre princesas valentes que se enfrontan a dragóns e príncipes que se dedican a lavar a roupa e a pasar o ferro. Ás 21:30 horas no interior do multiusos dará comezo a representación teatral “Elisa e Marcela”, baseada na historia do primeiro matrimonio lésbico. As actrices de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Para asistir a representación hai que sacar as entradas (prezo de balde) na páxina do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior.

Por último, o 25 de xuño a partir das 19:00 horas, a compañía Paporrubio fará as delicias dos máis pequenos da casa cunha sesión de teatro, xogos e música. Todas as actividades son gratuítas e será necesario inscribirse previamente para garantir o aforamento permitido polos protocolos anticovid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará