Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda que se eliminen os requisitos para asistir ás ludotecas de verán

XoanCarlosBNG

O programa de conciliación de verán do Concello de Redondela, para crianzas de 3 a 12 anos, ten aberto o prazo de solicitudes ata o 14 de xuño. Desde o BNG entenden que o proceso de inscrición “é engorroso e mesmo disuasorio”, polo que demandan ao goberno local un proceso “máis flexible” así como a ampliación do período de solicitude. O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, agardaba unha modificación do sistema actual “moi complexo e herdado do anterior goberno do PP” por outro “máis sinxelo”. González lembra que o sentido das ludotecas é “facilitar espazos de convivencia e lecer de calidade para os cativos durante o verán”, e na actual situación de pandemia estas actividades adquiren un papel “moi relevante”. Por iso desde o grupo nacionalista demandan ao goberno local “que se poñan os medios necesarios para responder ás demandas de todas as familias que queiran facer uso destas actividades” e que se eliminen “todos os requisitos para a inscrición”. O programa de conciliación da concellería de Igualdade, para os meses de xullo e agosto, dá prioridade aos nenos cuxos proxenitores traballan fóra do fogar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará