Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despídese da fase de ascenso

SomozasChoco

Somozas 1-0 Choco

Unha derrota pola mínima no campo do Somozas deixou aos de “Gonza” fóra do play-off de ascenso a Segunda RFEF. Un temperán gol de Marcos Álvarez, que superou a Cortegoso no man a man, foi suficiente para que os anfitrións se fixeran coa vitoria. Xa co gol en contra, os de Redondela sufriron a lesión de Mario, pasado o cuarto de hora. O Choco buscou o gol e tivo varias ocasións de Davicín, Davo e Martín Rafael, pero faltou o acerto. Félix Rial, que entrou para substituír de Mario, tivo tamén dúas oportunidades antes do intermedio. Logo do paso por vestiario o Choco seguiu tentando a igualada, pero o Somozas demostrou ser superior, e dispuxo das mellores ocasións. No minuto 88 estiveron a piques de poñer o segundo gol no marcador, pero o disparo bateou no pau. A derrota deixa ao Choco fóra da fase de ascenso, e pon fin á tempada 2020/2021, na que os redondeláns acadaron o obxectivo da permanencia. O CD Choco estará na nova Terceira RFEF na próxima campaña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará