Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un total de 29 novos voluntarios súmanse a Protección Civil en Redondela

ProtecCivil

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou onte os carnés de voluntarios aos 29 novos integrantes da Agrupación de Protección Civil de Redondela, e tamén a 2 do Porriño, 1 de Soutomaior e outro de Moaña. A delegada informou que a entrega destas acreditacións enmárcase na actualización e regularización dos integrantes das Agrupacións de Protección Civil da provincia de Pontevedra, un proceso que se realiza cada catro anos. Tras destacar o importante labor que realizan as 33 agrupacións da provincia de Pontevedra, Fernández-Tapias lembrou que desde o primeiro día da pandemia “xa estabades a botar unha man” e afirmou que son “un alicerce fundamental pola capacidade de resposta e pola capacidade de traballo” polo que lle expresou o seu agradecemento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará