Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comezan os traballos de reforzo na ponte de Comboa

Refuerzo puente comboa (1)

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de renovación da ponte sobre o río Verdugo, no barrio de Comboa. As obras servirán para reparar a superficie dos dous alicerces centrais, desgastada polas riadas e o paso do tempo. Tamén protexerá a estrutura instalando unha cobertura de fibra de vidro que prolongue a vida útil do viaduto. A mellora ten un orzamento de 40.000 euros, que o Concello de Soutomaior financiará a través do Plan Concellos da Deputación. Os labores, realizadas por un grupo de mergulladores profesionais, comezaron esta semana coa limpeza dos alicerces para retirar a capa superficial do formigón deteriorada polo paso do tempo e o impacto de ramas e materiais arrastrados pola corrente do río. Unha vez finalizada a limpeza procedeuse á instalación dos moldes para suxeitar e manter illados da auga os materiais que se inxectarán para reparar a parte mergullada dos alicerces. A zona non mergullada das columnas, ao manterse en bo estado, será renovada superficialmente para garantir unha correcta protección do interior da estrutura. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou os traballos e destacou que se trata dunha infraestrutura “fundamental” para a mobilidade no municipio. Advertiu que “dá servizo a moitos veciños durante todo o ano e é o acceso para os visitantes da praia fluvial durante o verán”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará