Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela selecciona patróns para a campaña de salvamento de verán

Socorristas

O Concello de Redondela convocou un seguinte proceso selectivo para contratar, de xeito temporal, unha persoa coordinadora e 3 patróns de embarcación para o servizo de salvamento na campaña de verán 2021. Os candidatos interesados poden presentar a súa instancia ata o 14 de xuño. O obxectivo desta convocatoria é “garantir unha adecuada prestación do servizo de socorrismo nas tarefas de vixilancia e salvamento” nas praias de Redondela este verán. Estas catro persoas servirán de reforzo aos 8 socorristas que se prevén contratar a través dunha subvención. As bases e as instancias están publicadas na sede electrónica e na páxina web ( www.redondela.gal, no apartado de Emprego Público, persoal laboral temporal) do Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará