Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco comeza a fase de ascenso ante o Somozas

ChocoSomozas

Este mércores o CD Choco viaxa ao campo do Somozas para disputar os cuartos de final da fase de ascenso. Aos de Gonzalo Fernández só lles serve gañar para seguir avanzando no “play-off” cara a 2ª RFEF. O equipo asume “moi ilusionado” este encontro logo dunha temporada difícil marcada pola pandemia. “Gonza” sinala que os protocolos Covid supuxeron un esforzo engadido “tanto a nivel deportivo e físico como mental”. Unha vez acadado o obxectivo da permanencia xogar esta fase de ascenso é “un premio”.

Gonzalo Fernández é o adestrador do CD. Choco

Os de Redondela tan só tiveron unha semana para preparar o encontro, logo do aprazamento debido a un positivo por Covilhã no conxunto. O confinamento do equipo obrigounos a prepararse de xeito individual nos seus domicilios, e esta última semana puideron facer catro sesións conxuntas.

O confinamento polo positivo dun xogador atrasou a eliminatoria

O partido será mañá mércores ás 20.00 horas, e o obxectivo é dar a sorpresa. Son conscientes que parten con desventaxa xa que o Somozas rematou a temporada no 3º posto e xoga na casa. E a situación clasificatoria primará en caso de empate, xa que haberá prórroga pero non penaltis. Aínda que nesta tempada os dous equipos non se enfrontaron sí o fixeron noutras ocasións; polo que son dous vellos coñecidos. O técnico confía no bo traballo dos xogadores para ofrecer “a mellor versión do Choco” e lembra que teñen “pouco que perder, e moito que gañar”

“Gonza” confía en ofrecer a mellor versión do Choco e dar a sorpresa no campo do Somozas

O domingo, 13 de xuño, será a semifinal na que agarda estar o CD.Choco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará